Pequen@s científic@s

Venres 9 de Agosto

Continuando co noso propósito de coñecer diferentes “mulleres importantes ao longo da historia”, hoxe presentamos a Hypatia de Alejandría, unha das primeiras científicas de todos os tempos, quen realizou importantes contribucións no campo das matemáticas e a astronomía. En honra a ela, dedicamos o día a realizar diversos experimentos científicos: 1) Experimento dos lacasitos: comprobamos como as cores dos lacasitos se disolven en auga pero non se mesturan, dado que o azucre dos lacasitos modifica a densidade da auga, formando barreiras á cor; 2) Experimento das cores de rotulador:  realizando manchas circulares con rotulador en filtro e introducindo o mesmo na auga, observamos como as cores se degradan e descubrimos que a tinta de rotulador está formada por múltiples cores primarias; 3) Experimento do globo inflado con bicarbonato: mesturando bicarbonato e vinagre nun recipiente, sobre o que colocamos un globo, observamos como a mestura provoca que o globo se infle pouco a pouco, debido á liberación de dióxido de carbono. ¿A que resulta interesante? Aínda que algúns e algunhas aínda sexamos un pouco pequeniños para entender a que se deben estas reaccións, vamos preparando os nosos cerebros para comprender estas explicacións máis tarde, conectando as mesmas coa experiencia xa vivida, de forma que se realiza unha aprendizaxe vivencial e significativa. Non obstante, deixámosvos ás mamás e papás uns enlaces onde podedes ver como se realizan estes experimentos, así como a explicación das reaccións que teñen lugar. E xa para rematar a mañá, realizamos estacións deportivas, nas que xogamos á corda, o balón prisioneiro ou a serpe, entre outros xogos.  

*Enlaces aos experimentos e a súa explicación:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s